Nos
O que intento facer na finca é o cultivo dunha horta "natural". E decir, o cultivo dunha horta que non leva ningún tipo de abono químico ou de granxa e ningún tipo de tratamento de síntese química, xa sexa insecticida ou funxicida.
A alternativa que propoño é por en práctica os plantexamentos da Agricultura Sinérgica de Emilia Hazelip, de tal maneira que a nosa horta imite a un bosque: o solo terá un acolchado permanente e diferentes hortalizas medrarán xuntas mesturadas con plantas aromáticas. Nestas circunstancias non se darán apenas pragas e a planta extraerá os nutrintes da descomposición do acolchado.
Trátase dunha horta ó aire libre (sen invernadoiro), como é unha horta natural. Polo tanto, as hortalizas veñen e vanse co tempo. Será o tempo quen brouque docemente nos tomates para decirnos que sa serven e para decirnos que se acabaron.